miércoles, 4 de noviembre de 2009

Kompunchproducciois,contra a superstición e o mal alento.

Así con ese rotundo lema nacia en 2006 na capital da provincia de Ourense unha panda de mozos que tentaron transgedir as normas clásicas,sen éxito, das ficcións audiovisuais.



Ao principio xuntaron todo o material grabado nunha só formato pero por problemas de edición ó pouco se fixeron co formato temporal das curtas xa que o visionado da película enteira "kompunch: la vie de collège du Travail." era francamente noxenta,pesada,incomprensible,proa,obscena e inclasificable; sen embargo a filosofia subxacente ó método de visionado daquelo tiña unha fonda relación cos efectos que según testemuñas tivo o visionado de "Un can andaluz" de Buñuel e Dalí,na cal se tentaba obstruir o paso do raciocinio e tentar asomarse a unha autoexploración do noso Eu negado polo consciente,racional e políticamente correcto.



Tras o troceamento sufrido pola película comezouse a colgar o material na páxina de Youtube:http://www.youtube.com/user/kompunchproducciois esta mutilación do corpus da obra kompunchiana provocou un cambio da percepción do material grabado,ao ser recortado todo en escenas que anteriormente aparecian xuntas(a pesares de estaren sen relación entre sí) dotóuselles ás escea dun compoñente humorístico e bizarro que desvirtuou a obra.



















As esceas comezaron a ter significado ó dotárselles dun nome,tal cal foron os casos de "Semana santa BDSM","Romanticismo naranxil" e "Beauty=ugly", títulos que "Aclarificaban" a escea para o espectador e creaban unha realidade cunha coherencia interna forte pero a anterior intención de deixar colgado o consciente fracasou.


As esceas quedaron na memoria colectiva como a verdadeira obra de kompunch Producciois, o consciente dos seus creadores fixo que creasen outro fillo seu,unha obra de ficción, opus que foi recibida con algarabía e pitorreo xa que era totalmente excéntrica e bizarra, valores que estaban sendo postos de moda entre a colectividade friki,geek e ociosos;sobre todo no ambiente da escola de artes de Ourense e a facultade de sociais da universidade de ourense.
O primeiro vídeo que saltou ó público foi o de "Semana santa BDSM",semana santa sadomasoquista,http://www.youtube.com/watch?v=-q6Wnre89Z8 na cal un suxeto con máscara de nariz fálica se autoflaxelaba a ritmo de música disco mentres berraba "Xesús mola!Xesús mola Xesucristo é meu deus ouh! sí!", esta escea grabada na habitación 310 da laboral foi a máis enrabechada historia contra a superstición chamada "relixión" na súa variante máis activa...
en "Romanticismo naranjil" o obxecto de amor era unha laranxa que era apaixoadamente devorada cun fondo de balada heavy..toda unha declaración de amor ós filmes de amor convencionais e simples que poboaron décadas pasadas e que influiron de forma nefasta na nosa educación.
"consumir puede...matar" http://www.youtube.com/watch?v=BxLD5pZOq6k nel un home disfrazado de obeso asfíxiase comendo cereais de forma ultragolosa,o texto que acompañaba ó vídeo era "sistimos al terrible caso de un consumidor habitual de cereales,que en realidad es víctima de las sustancias adictivas que las multinacionales introducen en sus productos para que una vez que los pruebes...no puedas dejarlo!!! " unha clara mostra de demagoxia anticomercial dos naïf kompunch que provocou feridas ao actor, a peare de que o obxectivo do cámara fora máis ben o de "voyeur", un estar ahí no momento e no lugar, lugar onde surxen novos estilos,como o do "baile sen cabeza"http://www.youtube.com/watch?v=-q6Wnre89Z8 un vídeo de falsa intención moral,criticando o comportamento antirracional "Sen cabeza" sen prudencia ,sen sentido común, valor que se lle outorga ao poderosísimo consciente.
As esceas foron cobrando identidade formal e consolidáronse meses despois en formato serie de televisión,cunha intro e créditos finais,nos cales se colaron imaxes variopintas de centésimas de segundo de duración tales como pentagramas,enmascarados,"kompunch mola" mensaxes políticos antivoto... todo iso xunto coa música do grupo "the residents" http://www.youtube.com/watch?v=n-43wC6S2pE que trasladaba s impresións a un ambiente amenazante e perverso.

No setembro de 2006 a ociosidade dos seus membros provocou que as esceas cambiaran de intro ata en dúas ocasións máis,definíndose estes cambios como "xeracións"
"Kompunch:second generation" kompunchproducciois:terceira xeración", este pretencioso título de xeracións eran unha parodia das etiquetas de carácter muesístico co que o racional pretendía definir os cambios,sen embargo os cambios só se daba na estétia de presentación das esceas, o resto era igual excepto en que se chegou a grabar en exteriores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario